Boa tarde amigos e amigas do blog, son Espinete e aproveitando estes días tan soleados que estamos a ter ensinareivos un dos meus ecosistemas favoritos para pasar as vacacións do verán coa familia ou amigos! Un ecosistema míxto! En galicia hai infinadade de ecosistemas mixtos, un dos meus favoritos son as prais fluviales tan bonitas que temos aquí, a min encántame refrescar as púas bañándome en algunha delas! A miña favorita é a praia fluvial de a Calzada, en Ponte Caldelas, e a vosa! Aquí vos deixo unha imaxe desta praia tan bonita!
Ola rapaces e rapazas! Chamome Espinete e xuntos vamos aprender os ecosistemas! Estás preparado para embarcarte nunha incrible aventura polos principais ecosistemas do mundo? Este blog está especialmente pensado para aprender dun xeito divertido e sinxelo sobre a natureza que nos rodea. Ao longo desta experiencia, exploraremos xuntos os diferentes ecosistemas que existen no noso planeta. Descubriremos os lugares onde viven diferentes especies de animais e coñeceremos a flora e a fauna de cada un deles. É importante que o saibas que os ecosistemas son esenciais para a nosa supervivencia e para a de todas as especies que habitan o noso planeta. Por iso, é fundamental que os coidemos e os conservemos para garantir un futuro sostible e saudable para todos. Acompáñame nesta viaxe polos principais ecosistemas do mundo e descubre a súa beleza e diversidade.
Comentarios
Publicar un comentario